+034 986 09 02 04 Domingo 24 de Marzo de 2019

O libro “Segredos ao Descuberto” sobre a historia dos petróglifos galegos, preséntase en Ponte Caldelas


Os expertos Buenaventura Aparicio e Rafael Quintiá falarán sobre mitos, buscas de tesouros e falsas acusacións
O Centro Cultural de Ponte Caldelas acolle mañá xoves, día 22, a partir das 20.30 horas, a presentación do libro “Segredos ao Descuberto. Pegadas de canteiros e buscadores de tesouros nos petróglifos galegos”, do que son coautores Buenaventura Aparicio Casado e Antonio de la Peña Santos. No acto participará Buenaventura Aparicio, acompañado do antropólogo Rafael Quintiá. A introdución será a cargo do alcalde, Andrés Díaz.
Buenaventura Aparicio, que é un gran coñecedor e divulgador da arte rupestre de Ponte Caldelas (á que mesmo dedicou un conto infantil titulado A Pedra do Cervo), céntrase agora na análise das insculturas pétreas cun enfoque pouco convencional e un estilo claramente dirixido ao gran público máis que á comunidade científica.
O libro é unha aposta pola antropoloxía cultural que emana dos petróglifos, en lugar de centrarse na sociedade prehistórica que os fixo posibles. Así relata a busca de tesouros que, durante moito tempo, se pensaba que se agochaban baixo estas rochas milenarias, así como as inxustificadas acusacións que se fixeron sobre os canteiros, aos que se culpou dos sucesivos e irreparables danos. Uns tempos que moito mudaron porque hoxe sabemos ben que o verdadeiro tesouro está precisamente nestas gravados sobre pedra herdados dos nosos antecesores.

Deja un comentario