+034 986 09 02 04 Luns 22 de Outubro de 2018

Os xuvenís do Clube Ciclista Ponteareas veñen de participar na Challengue de tres probas, Ruta do Albariño en Cambados, unha proba de estrada


Os xuvenís do Clube Ciclista Ponteareas veñen de participar na Challengue de tres probas, Ruta do Albariño en Cambados, unha proba de estrada.
Cedido ao Clube, foi o xuvenil do CC Maceda , Abel Franco, que conseguia o 4º posto na clasificación xeral, sendo seguido de cerca por Adrian Giraldez e Adrián Canda do Clube Ciclista Ponteareas.
Dende o Clube Ciclista Ponteareas, continuan coa labor de que os nenos que practican o ciclismo poidan disfrutar do mesmo, sendo unha labor dos clubes, tal coma neste caso de unirse para que os mesmos poidan disputar grandes carreiras.
Entenden tamén que a mentalidade debe cambiar, e os nenos deben poder disfrutar da modalidade que mais lles guste e que mais aptitudes teñan, xa que dende os últimos anos veñen de afianzarse e golpean con forza varias modalidades do ciclismo, tales como, minibtt, descenso, enduro, carretera, etc..

Deja un comentario