+034 986 09 02 04 Luns 24 de Setembro de 2018

O Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso será esceario do concerto en beneficio da ONG Furgoneta Solidaria


Celebrarase o domingo 2 de xullo ás 12:00 horas cun prezo de entrada de 8 euros

Con motivo da recadación de fondos destinada á ONG Furgoneta Solidaria no seu proxecto de dotar á rexión de Batafá en Guinea Bissau, de equipamento tan importante como unha potabilizadora de auga, electricidade no dispensario médico e compra de medicamentos, organízase un concerto solidario da coñecida artista mosense Marta Quintana, cantante e arpista.
O evento celebrarase o domingo 02 de xullo, ás 12:00 horas, no Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso con prezo de entrada de 8 euros por persoa.

Deja un comentario