+034 986 09 02 04 Venres 17 de Novembro de 2017

I Open Concello de Mondariz de Bádminton


O vindeiro 24 de xullo, o Pavillón Municipal de Deportes de Mondariz acollerá os partidos do I Open Concello de Mondariz de Bádminton, organizado polo Club Bádminton Ponteareas en colaboración co Club Escola Rosalía, o Concello de Mondariz e demais entidades vinculadas ao deporte do bádminton do Condado-Paradanta.
O torneo, tal e como explicaba o concelleiro Jesús Vázquez Estévez, desenvolverase no Pavillón Municipal entre as 9:30 h e as 14 h e nel participarán máis de 100 nenos e nenas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.
Segundo o concelleiro de AporM, o torneo, “amais de ser extraordinario peche para a tempada escolar 2016-2017, permitirá aos e ás participantes gozar dunha xornada de convivencia deportiva”.
Vázquez Estévez, lembraba que o bádminton, nas comarcas do Condado e A Paradanta conta “con clubs que participan regularmente en competicións de algo nivel” iso, engade o concelleiro, “provoca un ‘efecto chamada’ que fai que cada vez, sexan máis os nenos e nenas que practican un deporte atractivo, tanto para os practicantes como para os espectadores”.

Deja un comentario