+034 986 09 02 04 Martes 04 de Agosto de 2020

Ponte Caldelas acolle por primeira vez unha festa de fin de curso cun gran despregue na Alameda


A asociación de comerciantes Coempo e o Concello continúan a súa colaboración na organización de actividades

A Alameda de Ponte Caldelas acolle no domingo do próximo día 2 de xullo unha actividade novidosa. Chega a primeira edición da Festa Fin de Curso, pensada para toda a familia, que se celebrará entre as 16.30 horas e as 21.30 horas.
A actividade, que é completamente gratuíta, chega da man da asociación de comerciantes e empresarios locais (Coempo) e o Concello, que manteñen unha colaboración estable ao longo de todo o ano.
Incluirá unha festa da escuma para toda a familia, co único requisito esixido de acudir en bañador ou roupa axeitada. Haberá tamén un gran inchable de auga e xogos que terán como protagonista ao líquido elemento, con especial protagonismo para os globos de auga.
Será, por tanto, unha festa divertida e moi refrescante para combater a calor e celebrar o remate do curso académico para todos os rapaces de Ponte Caldelas e a súa bisbarra.
O evento foi presentado no Concello polo alcalde, Andrés Díaz, e o presidente e o tesoureiro de Coempo, Suso Peleteiro e Diego Rodríguez.

Deja un comentario