+034 986 09 02 04 Luns 20 de Novembro de 2017

Campamento de Verán 2017


Un ano máis o Concello de Arbo, oferta para os nenos e nenas de entre 3 e 13 ano o campamento de verán

A partires do luns 3 de Xullo comeza un ano máis o Campamento de Verán 2017 que rematará ó 31 de agosto. Durante estos meses os nenos da nosa vila realizan actividades ludicas, de ocio e deportivas encamiñadas a unha forma de conciliación laboral – familiar durante os meses de vacaciones dos centros educativos.
O Campamento de Verán é para nenas/os de 3 anos (xa cumpridos) a 13 anos máximo (a cumprir neste ano)
• Horario: 9.00/10.00 h ata ás 13.00/14.00 h de luns a venres
• Lugar de concentración: C.E.I.P “Antonio Carpintero”
• As taxas a pagar serán as seguintes:
• A cota para o neno/a por quincena será …………………………..20 €
• Unha cota para o seguro de accidentes (a determinar).
As bonificacións fiscais son:
• Da taxa por quincena realizarase un redución cando se asista cun irmán/á resultando una bonificación do 50 %; e haberá exención para terceiros e sucesivos.
• Non se aplicará ningunha taxa cando ambos pais se atopen nunha situación de desemprego (achegarase documentación acreditativa).

As prazas ocuparanse por rigorosa orde de inscrición.
Para inscribirse e para calquera consulta dirixirse o Concello de Arbo ou chamar o 986 665 000, o praza de inscripción empeza o mercores 28 de xuño,

Deja un comentario