+034 986 09 02 04 Venres 24 de Novembro de 2017

O concello de Nigrán organiza este sábado o seu primeiro Campionato de Scooter cos mellores riders a nivel nacional


A competición, que reunirá a uns 40 participantes en categoría master e pro, terá lugar no entorno da pista de half de Porto do Molle durante todo o día

O Concello de Nigrán organiza este sábado no entorno da pista de half de Porto do Molle o seu primeiro campionato de scooter (patinete freestyle), unos dos poucos eventos desta disciplina en Galicia e que reunirá aos mellores rides a nivel nacional.
“Hay unha gran afección en Nigrán a este deporte urbano entre os rapaces, por iso dende o Concello queremos apoialos organizando este campionato dunha disciplina que, inxustamente, é máis descoñecida que o skate”, sinala o alcalde, Juan González, quen aposta a que a competición “chegue a ser unha referencia en Galicia e, por tanto, se manteña no calendario deportivo de Nigrán”. “Traballamos para crear dende o inicio un evento forte que vaia gañando aínda máis peso nas seguintes edicións”, sinala Abilio Senra dende a organización.
En total, agárdase preto de medio cento de riders (nome que reciben estes deportistas) entre os que se atopa o mallorquín Borja Mauricio (décimo mellor de España), Adrián Cabanelas (entre os mellores de Galicia) e Iago Senra, principal referencia en Nigrán, onde este deporte urbán reúne a unha gran canteira de rapaces.
A competición, que contará con categoría master e pro (os máis experimentados) arrancará ás 11.00 horas con con inscricións e adestramentos durante toda a mañá para reanudarse ás 17.00 horas coas roldas clasificatorias. Agárdase que a entrega de trofeos para os tres primeiros de cada categoría se realice ás 21.30 horas.
Xunto a pista instalarase unha barra para que os asistentes poidan mercar bebidas ou comida. Ademais, entre os asistentes sortearanse diferentes regalos.

Deja un comentario