+034 986 09 02 04 Sábado 21 de Abril de 2018

Escola de Verán do Concello de Ribadumia


Asistirán o redor de 95 nenos e nenas

O Concello de Ribadumia informa que onte, 26 de xuño, dou comezo a Escola de Verán que terá lugar na Casa da Cultura de Ribadumia, e ven promovida para axudar as familias na conciliación familiar durante o tempo estival, algo que se encontra entre os obxectivos, así como procurarlle os nenos un espazo e actividades onde relacionarse, divertirse e tamén aprender.
A mesma asistirán este ano o redor de 95 nenos, os cales realizarán diversidade de actividades, saídas e aprendizaxes o longo destes máis de dous meses. Durante este tempo manteranse actividades como piscina, informática, inglés, francés, actividades plásticas, bailes, teatro, etc. Ademais desto este ano como novidade está a incorporación do servizo de comedor, para favorecer a mellor conciliación.
Para que isto sexa posible contarase con monitores, os cales estarán organizados por grupos, e identificaranse por camisetas de cores.
Cada semana terán unha temática de actividades diferente e especial.
• Programa “Avó, avoa cóntame un conto”
• Semana da Educación Vial
• Semana da Música
• Visita e charla a Instalacións Náutico- Deportivas
• Xornada a cargo do Colectivo Ecoloxistas do Salnés
• 2ª Xornada de convivencia Campus entidades- Escola de verán Concello de Ribadumia. Coa exhibición de Agility Salnés

Para que todas etas actividades sexan posibles hai que agradecer a diferentes persoas e entidades a súa dedicación, entre elas encóntranse o Grupo de Teatro Alecrín, o Náutico O Muiño, o Colectivo Ecoloxista do Salnés, a Autoescola Barrantes, Agrupación Músico Cultural de Ribadumia e moitas outras que colaborarán o longo destes meses.

A duración será dende xuño ó 8 de setembro.

Deja un comentario