+034 986 09 02 04 Venres 21 de Setembro de 2018

Presentación das I xornadas sobre Mountain Bike


O Concello de Ribadumia informa que hoxe se presentaron as primeiras Xornadas sobre Mountain Bike, que terán lugar os próximos sábados de xullo en horario de 10 a 13 horas, dando comezo o día 8 dese mes.
O lugar de celebración das mesmas será o Campo de Fútbol de Leiro, e no seu transcurso os nenos, nenas, mozos e mozas, ata 17 anos, realizarán circuítos de xincanas, saídas controladas, exhibicións, paseos familiares, ademais de recibir formación sobre nutricionismo, preparación física, seguridade vial, e mecánica básica.
Decir que é preciso inscribirse para poder participar nestas xornadas e que as prazas son limitadas. A inscrición ten un custe único de 10 €.
Importante destacar, que segundo as inscricións se organizarán grupos por idade para orientar a temática de cada xornada a cada grupo, de xeito que toda a información e todas as actividades poidan ser aproveitadas por todos os participantes.
Esta é así unha oportunidade para achegarse a un deporte en auxe.

Deja un comentario