+034 986 09 02 04 Venres 24 de Novembro de 2017
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A Deputación rematou xa a instalación dos redutores de velocidade do plan móvese en catro estradas provinciais do concello de Tui


O deputado de Mobilidade sinala que estes elementos de calmado de tráfico son os únicos que reducen realmente os accidentes por alta velocidade e as súas consecuencias
O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra rematou xa a instalación de pasos de peóns sobreelevados e redutores físicos de velocidade de vehículos en catro estradas provinciais do concello de Tui. Segundo indicou o deputado Uxío Benítez, este concello do Baixo Miño verá finalizadas todas as actuacións previstas nos vindeiros quince días, acadando así o calmado de tráfico necesario en todas as vías de titularidade da Deputación.
Os traballos en Tui iniciáronse a primeiros de mes e dende entón xa se levan instalado os pasos de peóns sobreelevados nas estradas EP-3001 entre Tui e Rebordáns, cun paso de peóns sobreelevado (PPS) de sete metros de lonxitude adaptado ás beirarrúas existentes no punto quilométrico 0+660, así como un redutor de velocidade no 0+580. Como novidade, no PPS pintouse unha lenda de advertencia aos peóns na primeira banda do paso de cebra: ‘Atención. Mirar Esquerda-Dereita’ .
Tamén se actuou na EP-3002 de acceso a Malvas, con tres redutores físicos de velocidade (RFVV) e na EP-3003 Areas-Pexegueiro, con outros cinco RFVV, así como na EP-2502 Cerquido-Ribadelouro, compartida co concello de Salceda de Caselas, onde se instalaron dous redutores. Nos vindeiros días realizaranse os últimos remates destas actuacións e nas dúas próximas semanas os tres equipos de albañilería, aglomerado e pintado da empresa adxudicataria (Narom) realizarán as instalacións da EP-3004 de acceso á igrexa de Caldelas e na EP-2505 entre Salceda e Caldelas. De xeito simultáneo tamén
O deputado Benítez indicou que o Plan Móvese consiste en resolver o problema da seguranza viaria do único xeito posible e efectivo, que é rebaixar a velocidade ata conseguir os mínimos danos para as persoas cando hai un impacto cun coche. “Esa velocidade son os 30 quilómetros hora e só se consigue mediante dispositivos físicos”, argumentou Benítez.
Benítez lembrou que as actuacións do Plan Móvese fixéronse a través da participación e solicitudes dos concellos e que o departamento de Mobilidade executará preto de 600 elementos de calmado de tráfico nesta primeira fase logo de recibir máis dun milleiro de peticións.

Deja un comentario