+034 986 09 02 04 Venres 19 de Outubro de 2018

O concello da Lama asina un convenio de colaboración social coa Fundación Amigos de Galicia


Permitirá que familias da Lama en situación de emerxencia social benefíciense da actuación desta ONG

 

O alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, e o presidente da Fundación Amigos de Galicia, Jesús Busto Peteiro, asinaron un convenio de colaboración que permitirá desenvolver na Lama o “Plan Integral de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social” mediante o cal se distribuirán alimentos e outros produtos de primeira necesidade recollidos por esta ONG a persoas e familias en situación de emerxencia social residentes neste municipio.

As principais beneficiarias destas axudas obxecto do convenio serán aquelas persoas pertencentes a colectivos en situación de vulnerabilidade social, entre os que se atopan mulleres vítimas da violencia de xénero, familias monoparentais, parados de longa duración e menores en situación de risco de exclusión social.

Este convenio tamén incide na necesidade de traballar pola integracion laboral das persoas usuarias do programa como solución real á situación de necesidade en que se atopan.

A traves deste convenio o Concello da Lama falicita á Fundación Amigos de Galicia unha axuda nominativa de 1.000 euros que irán destinados a reforzar o programa e a financiar alimentos ou vestiario incluídos dentro do obxecto desta iniciativa social que se estenderá ata o 31 de decembro de 2017.

Jorge Canda cualificou de moi positiva o labor que realiza a Fundación Amigos de Galicia e sinalou que “o traballo altruísta que fai esta xente é motivo de encomio porque co seu labor contribúen a paliar problemas reais de persoas que pertencen a colectivos en rocha de exclusión que doutro xeito terían moi complicado saír adiante. A nosa aposta polos Servizos Sociais é unha constante e mesmo con accións propias ou, como neste caso, apoiando a actuación de Ong como esta é como contribuímos de xeito solidario desde A Lama cos máis desfavorecidos”, sinalou o alclade da Lama.

Deja un comentario