+034 986 09 02 04 Venres 24 de Novembro de 2017

Obras de reparación do muro do recinto do campo de futbol de Arbo


O Concello de Arbo acaba de rematar as obras de arranxo do muro do Campo de Futbol de Arbo.

Durante o temporal que tivo lugar neste Concello hai uns meses, o muro do recinto do campo de futbol, a causa das fortes choivas e vento, derrumbouse deixando unha parte do recinto sen protección e con acceso o citado campo, sendo ademais un perigo para os nenos e nenas que frecuentemente realizan actividades nesas instalación deportivas.

As obras de mellora consistiron en construcción de novo tabique, conservando a altura e o diseño que tiña anteriormente. O Orzamento das obras ascenden a un importe de preto 7000 euros, e foron realizadas por unha empresa do Concello de Arbo.

Deja un comentario