+034 986 09 02 04 Mércores 15 de Xullo de 2020

Jacobo Moreira achega a #RutaSocialPontevedra a Adahpo


O presidente local do PP en Pontevedra continúa a rolda de reunións con colectivos sociais do noso municipio co fin de coñecer de primeira man as cuestións que máis lles preocupan

Jacobo Moreira continúa coa rolda de reunións enmarcadas dentro da #RutaSocialPontevedra co obxectivo de coñecer de primeira man os problemas que preocupan aos colectivos sociais do noso municipio.
Neste segundo encontro, o tamén portavoz municipal e a concelleira María José Rodríguez, reunironse con Montse Álvarez, presidenta de Adahpo (Asociación Déficit Atención Hiperactividad Pontevedra), que a día de hoxe presta servizos a 190 rapaces de Pontevedra.
Tras interesarse polo traballo que nos últimos meses veñen desenvolvendo, Jacobo Moreira lamentou que este colectivo non reciba apoio por parte do Goberno local. “Quedamos sorprendidos de que o Concello de Pontevedra non colabore cunha asociación que atende a 300 familias do noso municipio”, apuntou o presidente local do PP, quen considera “imprescindible que todas as administracións se sumen ao traballo de asociacións como Adapho que axudan non só a detectar os síntomas do TDAH, senón que tamén ofrecen sesións de traballo máis económicas que permiten mitigar os problemas que pode xerar a enfermidade”.
Actualmente, a asociación conta en total con 12 traballadores entre psiquiatra, psicólogas, pedagogo, psicopedagogo, profesores e persoal de administración que levan a cabo o seu traballo no centro situado na rúa Rosalía de Castro.
Adahpo proxecta tamén a creación dun espazo no que desenvolver campamentos para estes rapaces. Unha idea que poderán facer realidade gracias á axuda recibida dentro do Plan Social acadado pola Xunta de Galicia con Ence e no que Jacobo Moreira implicouse especialmente. “Queriamos que Pontevedra recibise un beneficio social, que os colectivos e asociacións da nosa cidade percibisen que a presenza da fábrica repercute en beneficios para os nosos veciños e así o estamos a sentir”, manifestou o presidente local do PP en Pontevedra, “Ence ten que devolverlle a Pontevedra todo o que esta lle deu ao longo destes anos”, sentenciou.

Deja un comentario