+034 986 09 02 04 Luns 20 de Novembro de 2017

O concello de Nigrán colabora na ‘Noite Meiga’ de parada este sábado


O Concello de Nigrán colabora co Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor e a comisión de festas de Santiago e Santa Ana na celebración este sábado da súa primeira ‘Noite Meiga’, unha actividade que quenta motores para o popular ‘Camiño do Terror’ que se celebra en agosto. Nesta ocasión trátase dunha cea no local da comisión de festas a base de entrantes, churrasco, bebida, postre e café por 20 euros para, posteriormente (dende as 00.30 horas), realizar unha pequena andaina do terror en grupos dunha ducia de persoas. Aqueles que non acudan á cena deberán abonar 3 euros por facer a andaina. As reservas para a cea deben realizarse no teléfono 670504606, os que só estén interesados no roteiro deben inscribirse no 628986597.

Deja un comentario