+034 986 09 02 04 Venres 19 de Outubro de 2018

O equipo de goberno lamenta que o PP pretenda quitar rendemento político da importante labor que se está realizando na promoción do deporte en Ribadumia.


Este pasado martes tivemos coñecemento pola prensa dunhas declaracións de Salomé Peña relativas á proba de Slalom realizada este pasado domingo no entorno natural de Cabanelas.
Estas lamentables declaracións, faltas de fundamento e alonxadas da realidade do acontecido, usan a mentira para tentar afear o importante traballo de promoción do deporte que este equipo de goberno leva realizando dende a súa chegada. O obxectivo desta actitude do Partido Popular e de Salomé Peña é evidente: obter rendementos políticos a consta do que sexa preciso.
Este equipo de goberno entende que declaracións como as vertidas polo Partido Popular, deben asentarse en datos e na realidade do que acontece no noso concello. Neste sentido lamentamos e condenamos que salomé Peña se lance a realizar acusacións de xeito gratuito sen nen sequera informarse minimamente de cal é a situación, moi alonxada da que ela expón.
Lamentamos tamén que o Partido Popular non mostre ningún respecto polas institucións deste concello, e pretenda usalas como arma arroxadiza contra este equipo de goberno. Condenamos este tipo de actitudes e negámonos a entrar nese xogo e usar clubs e entidades do concello, e especialmente os nosos nenos e nenas, no debate político.
Este equipo de goberno reafirmase no seu apoio incondicional as entidades deportivas do Concello, e a promoción do deporte e dos seus valores positivos. E ese apoio está refrendado polos feitos:
• Na adxudicación de axudas cun importante aumento con respecto ó goberno anterior, duplicando a cantidade a repartir, pasando dos 16.600 € que o equipo de goberno anterior entregou no 2014 os 34.000 € que este equipo de goberno distribuíu no 2016, cantidade que se manterá no 2017.
• concedendo axudas a entidades que o PP tiña vetadas,
• apoiando novas actividades, como as escolas de verán das diferentes entidades deportivas ou xornadas como a da saúde no deporte ou sobre a mountain bike, que vimos de anunciar para este mes de xullo, ou a gala do deporte anual posta en marcha por este equipo de goberno,
• co importante aumente de actividades e citas deportivas organizadas polo propio concello: máis de 10 actividades para nenos e adultos programadas ao longo do ano cunha gran aceptación por parte da nosa veciñanza, coa organización de varias probas e actos de promoción do deporte (Festa do Deporte, Slalom…) e coa colaboración en máis de media ducia de torneos e eventos deportivos organizados por outras entidades locais e mesmo autonómicas.
A día de hoxe, Ribadumia é o Concello da comarca, e posiblemente da provincia, que máis actividades deportivas ten por habitante ó longo do ano, e iso é froito do importante compromiso e traballo deste equipo de goberno, e tamén da labor dos clubs deportivos, unha labor que dende este concello agradecemos e felicitamos, e que vamos a seguir apoiando en todo canto nos sexa posible.
Non se entende así que Salomé Peña, quen foi alcaldesa durante esta última etapa (14 anos), teña tan pouco coñecemento do deporte en Ribadumia, e sobre todo co Club Náutico de piragüismo o muiño. Entendemos de que antes de pronunciarse dun xeito negativo, que fai dano ó deporte en xeral, e neste caso concreto ó piragüismo, e tamén o Concello de Ribadumia do que Salomé Peña foi alcaldesa, se informe e pregunte.

Deja un comentario