+034 986 09 02 04 Xoves 21 de Xuño de 2018

Campa “Separemos ben, reciclaremos mellor”


Este luns 3 de xullo a Consellería de Medio ambiente e Ordenación do Territorio e Sogama, contando coa colaboración e apoio do Sistema Integrado de Xestión de envases lixeiros e o Concello de Salvaterra de Miño organiza unha actividade de concienciación no municipio, a través de dúas actividades.

Por un lado, facendo coincidir co inicio dos campamentos de Verán que organiza o Concello para os máis cativos, levaranse a cabo diversas actividades lúdico – formativas en materia de recollida selectiva e reciclaxe de residuos entre os máis de 60 nenos e nenas que participan na primeira quincena dos campamentos gratuítos do Parque Público A Canuda.

E por outro, teremos unha aula móbil informativa ao pe de rúa, atendida por educadores medioambientais que tratarán de fomentar entre a poboación a recollida selectiva e reciclaxe de residuos na Praza do Concello de 12.00 a 15.00h, así que xa sabes, esperámoste!!!!

Deja un comentario