+034 986 09 02 04 Martes 24 de Abril de 2018

O concello de Pazos de Borbén acolle este venres un concerto de Música Coral


O concerto é totalmente gratuíto e contará coa participación de seis asociacións musicais

O Concello de Pazos de Borbén, en colaboración coa diversas asociación corais municipais, organiza este venres un festival de música coral. O concerto será totalmente gratuíto e terá lugar a partir das 20:00 horas no salón de actos da Casa do Concello de Pazos de Borbén.
O evento ten o propósito de estimular a práctica da música sinfónico coral e xerar un espazo de encontro entre persoas que valoran o crecemento cultural e humano a través da música. O festival contará coa participación da Coral Polifónica da Asociación de Pensionistas de Pazos de Borbén, a Coral Polifónica de Sta. Maria de Pazos, a Coral Raiña de Cedeira, a polifónica Asomamos de Mos, e os grupos Ardelle ou Eixo e Pandereteiras Novas Amizades de Nespereira..
Cunha duración prevista de dúas horas, cada grupo coral interpretará varias pezas musicais ata completar un repertorio cheo de obras clásicas da tradición popular galega como “Non prado”,”Fisterra”,”Morriña” ou “Cantiga de Marín”, entre moitas outras.

Deja un comentario