+034 986 09 02 04 Martes 21 de Agosto de 2018

Ateneo Santa Cecilia como Centro Azul


A Concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín entregoulle ao representante da entidade Ateneo Santa Cecilia, Francisco Cruceira Soto, o distintivo azul, entregado por Banderas Azules ao Concello, que certifica ao Ateneo Santa Cecilia como Centro Azul.

A entrega destas insignias, tivo lugar nun acto celebrado en Baiona fai uns días, na que a Alcaldesa de Marín, recibiu as Bandeiras Azuis para as praias de Portocelo, Mogor, Aguete e O Santo do Mar, que supoñen un recoñecemento á calidade dos areais, así como á accesibilidade, a calidade “Excelente” das augas, os servizos, a seguridade que achegan os socorristas, o balizamento e a limpeza. Marín tamén ostenta o distintivo azul en dous itinerarios: a Ruta dás Praias e o Sendeiro dos Cinco Miradoiros. Completan as certicacións de calidade os dous Centros Azuis: o Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor e o Ateneo Santa Cecilia.

A entidade que outorga os distintivos é a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac).

O obxectivo do Goberno local é facer unha firme aposta por manter e mellorar estes distintivos, para fomentar o turismo, pero sobre todo para que a veciñanza de Marín o disfrute.

Deja un comentario