+034 986 09 02 04 Venres 20 de Xullo de 2018

Bar o Santiaguiño dona o seu premio no concurso de camiseta do tinto a AME


O Concello de Ribadumia informa que hoxe é un día de ledicia como o son todos aqueles nos que a solidariedade se mostra e se pon de manifesto a través de accións de apoio e recoñecemento a loita diaria que levan a cabo moitas persoas.

Neste caso ven da man do bar ribadumiense o Santiaguiño, quenes despois dun esforzo entre os preparativos para vivir a festa máis relevante de Ribadumia, se presentaron o Concurso de camisetas da XLV festa do viño tinto do Salnés e Exaltación das variedades autóctonas e gañaron o 1º premio, que lles outorgaba 200 €.
E aquí chega o momento de compartir, apoiar e recoñecer o labor e esforzo de persoas, neste caso de GaliciAME-Asociación da Atrofia Muscular Espinal, e o seu fronte Merchi Alvarez, unha loitadora incansable.
Así hoxe, co concello de Ribadumia como testemuña, se fixo oficial a doazón dos 200 € dese premio o Bar o Santiaguiño, e na súa representación Rafael Nuñez, para GaliciAME.

Deja un comentario