+034 986 09 02 04 Venres 24 de Novembro de 2017

O alcalde de Nigrán acude á celebración do cen aniversario da veciña de camos Zoraida Estévez


O alcalde de Nigrán, Juan González, acudiu esta semana á celebración do 100 aniversario de Zoraida Estévez Pérez, veciña do barrio da Rotea, na parroquia de Camos, e a quen entregou un agasallo de recoñecemento de parte do Concello. Ademáis, ao festexo na súa casa acudiron representantes da Asociación de Veciños de Camos, da Comunidade de Montes e do Centro Cultural, cadanseu cun recoñecemento para Zoraida.
Zoraida naceu o 28 de xuño de 1917 na mesma casa na que vive coa súa filla Carmen; ten 3 fillos (un xa falecido), 11 netos, 14 bisnetos e 3 tataranetos. De carácter alegre e tranquilo, Zoraida atópase en boas facultades mentais e físicas, sendo unha veciña moi querida no seu barrio.

Deja un comentario