+034 986 09 02 04 Luns 20 de Agosto de 2018

A Consellería do Mar remata as obras de mellora da seguridade e operatividade portuaria no peirao pontevedrés de Cangas


Portos de Galicia vén de repoñer a sinalización horizontal e reparar os departamentos de usuarios

A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, vén de investir máis de 30.000 euros en diversas melloras para o peirao do municipio pontevedrés de Cangas. A Consellería do Mar rematou recentemente obras de mellora da seguridade viaria e operatividade das instalacións.

En concreto, Portos de Galicia vÉn de rematar as obras de reposición da sinalización horizontal viaria e a sinalización de seguridade en toda a superficie do porto. Esta actuación incluíu o repintado de liñas e símbolos nos viais, pasos de peóns, prazas de estacionamento, e tódalas liñas e trenzados amarelos de seguridade.

Así mesmo, o ente público ten rematadas tamén as obras de mellora das condicións dos departamentos para usuarios. Estes espazos para uso dos profesionais que operan no porto viñan acusando filtracións de auga pola fachada traseira. Así, procedeuse ao selado de xuntas entre os paneis que os conforman e a colocación de tapas metálicas no remate de tódolos canlóns do edificio.

Ambas actuacións enmárcanse dentro das tarefas de conservación e mantemento que o ente público realiza de xeito periódico no conxunto dos peiraos de titularidade autonómica.

Deja un comentario