+034 986 09 02 04 Sábado 20 de Xaneiro de 2018

A alcaldesa do Porriño esixe ao voceiro do PP Local que explique aos porriñeses porqué demanda xudicialmente ao concello para que pague a persoas representadas polo seu despacho de avogado e non vota a favor de que se paguen as débedas a todos os acredores


O voceiro do Partido Popular do Porriño negouse a votar ‘sí’ no pasado Pleno municipal ao pago de facturas adebedadas polo Concello a acreedores- a maioría delas de época do Goberno local do PP- ao tempo que dende o seu despacho de avogado reclama xudicialmente ao Concello do Porriño o pago de varias delas.
A alcaldesa esixe a Carlos Martínez que explique aos veciños do Porriño “cómo pode negarse a votar a favor de desembolsar o que se debe a empresas e persoas que prestaron os seus servizos, mentres leva ao Concello ao xulgado para que si lle pague ás persoas que él representa”.
Eva García de la Torre lembra que dos 2,8 millóns de euros que adebeda o Concello a distintos proveedores, autónomos, empresas e PEMES, e que o Goberno local levou ao Pleno para que aprobara o seu pago, 1.550.000€ corresponden a compromisos que adquirirá dende o ano 2012 o anterior goberno do Partido Popular, do que, “Carlos Martínez, que négase agora a pagar estas débedas, formaba parte”.
Esas débedas abranguen obras realizadas durante os meses inmediatamente anteriores ás Eleccións Municipais de 2015, en especial as semanas de duración da campaña para as devanditas eleccións, aínda que tamén hai outras pola compra de cadros, organización de eventos e cursos, débedas por servizos telefónicos, subministro de combustible, asesoramento xurídico, e un longo etcétera
Esta cantidade, 1.550.000€, que figura ademáis nun apunte feito polo anterior interventor municipal, nomeado polo anterior alcalde, corresponde a centos de facturas que se devolveran por carecer dun contrato legal entre o Concello e as empresas que prestaron os seus servizos.
Mesmo hai un gasto duns 200.000€ en avogados por compromisos que adquirirá o Goberno local anterior cando Carlos Martínez era o concelleiro encargado de supervisar todos os temas xurídicos, cantidade que agora o Partido Popular, e o propio Carlos Martínez, négase a pagar.
Estos gastos, coma sinala o interventor nun informe, “non poden ser imputados ao presuposto corrente por corresponder a exercicios anteriores ao actual e ser adquiridos indebidamente naqueles”, unha apreciación que reflicte a opinión do Ministerio de Facenda-ao fronte do cal está un membro do Partido Popular- que, nunha consulta feita polo Concello do Porriño en relación a estas facturas impagadas, sinala que as mesmas deben imputarse aos exercicios nos que se comprometera o gasto.
Como expuxo o secretario municipal, nunha intervención, excepcional, durante o Pleno, votar en contra do pago das débedas muncipais con proveedores sen ter unha xustificación cabal, supón deixar ao Concello coma moroso, “pufeiro, para entendernos”, o cal ten consecuencias orzamentarias graves.
O secretario sinalou coma a máis importante delas o feito de que as arcas municipais teñan que facer fronte a intereses legais e custos, derivados dos xuizos que poidan interpoñer os acreedores-unha cantidade que a alcaldesa cifra no 30% da débeda total e que se achegaría, por tanto, aos 900.000€, máis o pago da débeda, por suposto-cantidade que debería ser asumida, por tanto, por todos os veciños.
Ademaís, advertiu o secretario, os acreedores poden optar, ao mesmo tempo que demandan ao Concello, por ir contra o patrimonio persoal daqueles concelleiros que sen ter unha xustificación xusta decidisen votar en contra de pagar as cantidades que se adebedan.

Deja un comentario