+034 986 09 02 04 Domingo 19 de Agosto de 2018

Baiona celebra o nacemento dun novo club ciclista


O alcalde e a concelleira de Deportes asisten á presentación do Monte Boi Bic Club

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e a concelleira de Deportes, María Jesús Martíns, asistiron á presentación en sociedade dun novo club ciclista na Vila. O Monte Boi Bic Club está formado por deportistas afeccionados co obxectivo de organizar eventos e marchas pola comarca.
Baixo o monte que lle da nome presentouse este venres o Monte Boi Bic Club, un novo colectivo de ciclistas que decidiu sumar esforzos arredor da súa paixón polo deporte. Comandado por Manuel Figueirido Giráldez, primeiro presidente da entidade, o club está formado por 18 afeccionados de Baiona, Nigrán e Oia, pero están abertos a novas incorporacións.
“Hai un ano empezamos a saír xuntos polas estradas da comarca e decidimos montar o club para organizar eventos”, explica o presidente. Cunha cuota anual de 15 euros por persoa, o Monte Boi Bic Club xa traballa na 1ª Marcha Monte Boi que vaise celebrar o vindeiro outono.

Deja un comentario