+034 986 09 02 04 Domingo 24 de Xuño de 2018

II Ruta de Pinchos do Viño Tinto Rias Baixas


As Neves. Do 30 de xuño ao 7 de xullo

O día 30 da comezo por segundo ano a Ruta de Pinchos do Viño Tinto Rías Baixas. Logo do éxito acadado o ano pasado esta nova ruta a forman 5 establecementos de hostalería do concello das Neves como preludio a festa do Viño Tinto.

Neste ano os locais participantes son: Vide Vide, cafetería Novo Stop, Centro Social, Donde Vamos e o Chiringuito de Santa Mariña. Estos 5 locais ofrecen un total de pinchos a un custe de 2,50€ no que se inclúe unha copa de viño Rías Baixas.

Todos aqueles participantes que depositen nas urnas habilitadas nos locais o pasaporte sellado por todos os locais entrarán no sorteo dunha noite para dúas persoas con almorzo na Quinta de San Amaro, un hotel rural con encanto no concello pontevedrés de Meaño, que ademais foi gañador dunha mención especial ao mellor establecemento de enoturismo, premio entregado pola asociación de Rutas do Viño ACEVIN. E para aqueles que entreguen os pasaportes cun mínimo de tres sellos entraran no sorteo de dous lotes compostos de viño e conservas.

“ Animamos a todos a vir ata As Neves e a participar nesta II ruta de pinchos” subliñou
Xosé Manuel Rodríguez, alcalde de As Neves. “ Con esta ruta comezamos unha serie de actividades entorno ao mundo do viño e que remataran os días 8 e 9 coa festa do viño”

Deja un comentario