+034 986 09 02 04 Venres 17 de Novembro de 2017

Rematada a parada de autobús ná estrada PO-400 en Arbo


As obras da nova parada de autobús, que dotará de maior seguridade viaria á estrada PO-400 a altura de Rial do Pazo – Arbo, no punto quilométrico 18,600 da PO-400, na súa marxe esquerda, xa estan rematadas, habilitandose a nova Parada a partires do luns día 2 de xuño

As obras que foron executadas pola Conselleria de Infraestructuras e viventa, pretendian mellorar a circulación neste punto e gañar en seguridade. As obras, consistiron en habilitar unha parada de bus en paralelo á calzada, de xeito que os autobuses non interferiran ao parar nese punto e se mellorara a seguridade viaria, dotando a mesma dunha marquesina, beiraruas que separan a parada do aparcamento e sinalización do estacionamento o que mellora o mesmo tempo que máis vehículos e usuarios poidan aproveitar o espazo, polo cal o Concello de Arbo, ofreceu a parcela colindante de propiedade publica o o seu acondicionamento e pavimentación.

Estas obras tamén facilitan o transito pola ruta Antonia Tovar e axiliza que a seguridade de vehículos e peons.

Dende o Concello solicitamos colaboración de todolos veciños, para que respeten as zonas de aparcamento e recorda que na marxe dereita da Rúa Antonia Tovar esta prohibido o estacionamento de vehiculos a partires do supermercado Eroski, e en ambos lados da Rúa dende a Bilioteca a Praza do Concello, por ser unha zona peatonal.

Esta nova parada completa a actuación de humanización da PO-400 que en 2010 foi obxecto de construción de beirarrúas con pavimento de baldosa ao longo de 310 metros lineais e cun orzamento de 60.000 euros. Ademais, en 2014, leváronse tamén a cabo traballos de mellora entre os quilómetros 12 e 24 da PO-400 ao seu paso por Arbo, e que consistiron no fresado e reposición da calzada con mestura bituminosa en quente, reposición da sinalización horizontal e xestión de residuos e limpeza de obras.

Deja un comentario