+034 986 09 02 04 Venres 24 de Novembro de 2017

Reapertura da piscina municipal, tras as obras de mellora e mantemento da piscina municipal de Arbo


A piscina municipal do Concello de Arbo, abriu onte día 3 de xullo, as súas portas cunhas instalación melloradas e coa contratación dun servizo de control de calidade, para cumprir coas esixencias establecidas na normativa sectorial de aplicación e fixadas pola autoridade sanitaria.

As obras acometidas para a mellora e mantemento da Piscinas Municipais foron as seguintes:

– Sustitución e mellora dos cadros eléctricos

– Incorporación de sistema de ventilación para renovación de aire no interior do local de instalación

– Sustitución de tuberías, bombas de depuración, válvulas, manómetros, boquillas de aspiración, tomas de auga, reixas, sumideiros….Carga de arena en depósitos de depuración

– Renovación de revestimento da piscinas pequeña, con laminas armada. E un revestimento impermeabilizante e decorativo para piscinas, resistente e flexible, que sustituiu o antigo, para maior seguridade e diversión dos máis pequenos.

– Reposición de baldosas de cerámica e rexuntado de todo o revestimento cerámico da piscina grande.

– Renovación de pavimentos de “beirarua” con baldosas de ganito acabado aserrado según despece e renovación de aspersores da instalación de rego.

A intervención necesaria debido o gran deterioro que sufriu a instalación nos últimos anos e que conleva a melloras sanitarias e de seguridade, empregan materiais e sistemas constructivos de uso habitual, dotando o equipamento deportivo dunha mellor estética e seguridade para os bañistas.

Deja un comentario