+034 986 09 02 04 Xoves 18 de Xaneiro de 2018

Presentación da II Carreira Ribeira do Tea


Gabriel Durán Pedrosa, organizador da Carreira Ribeira do Tea, xunto a Marta Valcárcel, Tte de Alcalde de Salvaterra de Miño e Ernesto Groba, Concelleiro de Deportes, veñen de presentar o cartel da segunda edición desta carreira que unirá a Salvaterra de Miño con Ponteareas a través da Ribeira do Tea o próximo domingo 30 de xullo a partir das 10.00h

Este ano destacar que como novidade os máis cativos terán un circuíto propio, tanto a categoría infantil como xuvenil terán un recorrido de 2km con saída e chegada no Recinto Amurallado ( Murallas – Paseo – Final Parque – Paseo – Murallas), ademais da carreira absoluta e de veteranos cun percorrido de 16km e que conta cun máximo de 200 inscritos

Xa estamos a preparar o próximo evento que organiza o Clube de Montaña Os Caminhantes do Condado: A segunda edición da Ribeira do Tea, a cal esperemos que teña gran éxito de participación e que os corredores que veñan lles guste o percorrido e a organización, para así poder facela durante moitos anos mais.

Como novidade, este ano contaremos con duas distancias:

– Una carreira de 2 km para as categorías xuvenil e infantil

– Outra de 16 km para absoluta e veterano.

Esta carreira é un pouco especial por discorrer ao carón do río Tea, e deste xeito poder disfrutar das súas fermosas vistas e o seu percorrido cambiante. Cando saimos de Salvaterra do Miño temos pista de 8 metros de ancho para despois, ao chegarmos a Ponteareas, pasar a ser un sendeiro de 1,5 metros.

A carreira queremos que cos anos se convirta nunha das citas obrigadas do calendario e que se dea a coñecer os dous concellos que percorremos, os cales agradecemos a súa colaboración dentro das súas posibilidades.

DATOS TECNICOS DA CARREIRA

DATA DO EVENTO: domingo 30 de xullo do 2017

HORA DE COMEZO:
· 10:00 horas para a carreira de 2 km.

· 10:30 horas para a carreira de 16 km (fora de control, peche da carreira: 12:30 horas)

LUGAR DE SAÍDA: Fortaleza de Salvaterra de Miño (Coordenadas GPS: 42.0803102, -8.4962591)

LUGAR DE CHEGADA:
· Fortaleza de Salvaterra para a distancia de 2 km.

· Ponte romano dos Remedios, en San Roque, Ponteareas para a distancia de 16 km (Coordenadas GPS: 42.177416, -8.510994).

DISTANCIA:
· 2 km para categorías infantil e juvenil.

· 16 km para absoluta e veteranos.

TIPO DE PERCORRIDO: Camiño de terra e sendeiro

AVITUALLAMIENTOS:
Na proba de 2 km haberá un avituallamiento líquido na meta.

Na distancia de 16 km, líquido nos kms 7 e 12 e líquido e sólido na meta.

RECOLLIDA DORSAIS:
· Sábado 29 dexullo de 16:00 a 17:30 no Pabillón Alvaro Pino de Ponteareas

· Domingo 30 de xullo de 9:00 a 09:50 na Fortaleza de Salvaterra de Miño.
SERVICIO DE GARDAROUPA:
Recollida de bolsas na Fortaleza ata as 09:50 horas.

SAIDA DO AUTOBÚS:
Os que soliciten servicio de autobús terán que cóllelo no pavillón Alvaro Pino de Ponteareas as 9:00 horas, que os levará ata a saída en Salvaterra do Miño.

CATEGORÍAS (masculino e feminino)·
· Infantil: 10, 11,12 e 13 anos que non cumpran os 14 no ano de referencia.

· Xuvenil: 14, 15, 16 e 17 anos que non cumpran os 18 no ano de referencia.

· Absoluta
· Veteranos/as A: Entre 40 e 50 anos, que non cumpran os 51 no ano de referencia.
· Veteranos/as B: Desde 51 anos cumpridos no ano de referencia.
INSCRICIÓNS:
Faranse na web www.championchipnorte.com dende o 15 de xuño ata o 27 de xullo 2017 (23:59 horas).
Prezo:
· 10 euros para a carreira de 16 km, e se precisan servizo de autobús 12 euros.
· 3 euros para a carreira de 2 km.
A inscrición quedará limitada a 200 participantes.

DATOS DE INTERÉS PARA O CORREDOR

· Asistencia médica coa presencia de ambulancia é médico.
· Sinalización de todo o percorrido.
· Dous avituallamentos liquidos intermedios e outro sólido e líquido en meta.
· Servizo de gardaroupa para os participantes, con entrega das bolsas en Salvaterra e recollida na meta en Ponteareas.
· Servizo de duchas e vestiarios.
· Parquin.
· Cortes de carretera no percorrido.
· Servizo de autobuses dende o Complexo Alvaro Pino de Ponteareas ata saida, para quen o solicíte.
· Bolsa de corredor.
· Agasallos dos patrocinadores.
· Trofeos e medallas.
· Seguro de responsabilidad civil.

Deja un comentario