+034 986 09 02 04 Luns 20 de Novembro de 2017

O concello de Nigrán programa preto dun cento de actividades de ocio e cultura para todo o mes de xullo


Música, deportes ao aire libre, roteiros, teatro, actividades para os máis pequenos… centran o calendario cultural do municipio
O Concello de Nigrán programa para este mes de xullo preto dun cento de actividades de ocio, cultura e deporte para tódalas idades e que se desenvolverán nas diferentes parroquias. O calendario foi deseñado xunto ás asociacións culturais e veciñais co obxectivo de unir forzas e no solapar nunca eventos. Así, neste mes terán lugar festivais de música xa consolidados como Nigranjazz (28 e 29 de xullo no esteiro de A Foz) , roteiros a cargo do Instituto de Estudos Miñoranos, teatro con Cultura no Camiño, deporte na praia… Todo elo unido a grandes novidades como o ‘Nigran Paint Party’ o 15 de xullo ou os concertos ‘Solpor’ en Monteferro (21 e 22 de xullo). “En definitiva, trátase dun amplo abano destinado a tódolos públicos e para tódolos gustos e que terá continuidade en agosto con eventos tan importantes como o festival ‘Vive Nigrán’ ou o concerto de Pablo Milanés coa coral Stella Maris”, resumiu o alcalde, Juan González.
A programación arrancou xa a fin de semana pasada co I Campionato de Scooter en Porto do Molle ou o concerto da Unión Musical de Coruxo na Alameda de San Campio e continúa dende onte coas sesións deportivas na praia, así, este verán reanúdanse as clases de zumba en praia América-Lourido (luns, martes, mércores, venres e sábado ás 18:45 horas) e en Patos (martes, xoves e venres ás 18.00 horas e o sábado 15 ás 19.30 mastes class e o sábado 22 hipopresivos).
A principal novidade deste mes será o festival ‘Solpor’, que terá lugar en Monteferro o 21 e 22 de xullo á tardiña co obxectivo de desfrutar da espectacular posta de sol da man de grupos de música emerxentes de Nigrán. “Será en evento gratuíto que, como o Nigránjazz na Foz e o Vive Nigrán en Praia América-Lourido, porá en valor os nosos marabillosos escenarios naturais. Ademais, neste caso queremos apoiar aos grupos locais dándolles o espazo estelar que merecen dentro da programación do Concello”, resume o alcalde, Juan González.
A outra gran novidade é a ‘Nigrán Paint Party’ o 15 de xullo, unha festa nacida en Ibiza e que de 15.00 a 23.00 horas combinará música electrónica en directo con choiva de 2.000 litros de pintura, canóns de CO2, FX, animación… Ademai,s haberá 8 Djs, escenario xigante, megatrón, pirotecnia e os mellores efectos visuais á altura dos grandes festivais. As entradas, dende 10 euros, xa están a venda en https://www.entradasatualcance.com/midnight-paint-party-en-nigran/ .”Queremos ofrecer unha programación con eventos pensados para tódolos públicos, neste caso é unha gran festa con moito tirón entre a mocidade e que significa divertirse nun ambiente saudable e durante todo o día”, resume González.
E si un evento é referencia de calidade en Nigrán é o Festival NigránJazz, que celebra a súa undécima edición o 28 e 29 de xullo coincidindo un ano máis coa instalación de Food Trucks no Parque de A Ramallosa, poñendo ambos o mellor broche final ao mes de xullo. Ademais, como o ano pasado, o Instituto de Estudos Miñoranos súmase á programación cun roteiro marítimo e nocturno o venres 14 (con inscrición previa no IEM) ou pola parroquia de Camos o xoves 27 ás 18.00 horas dende o Concello.
Na competición deportiva destaca o rugbi na praia o sábado 29, o trofeo de bolos celta San Fiz o 29 e 30, o ucampionato galego de balonman en Praia América o luns 24.
Por outra banda, os máis pequenos terán tódolos venres e sábados obradoiros na xa tradicional Feira de Artesanía de Praia América (que estará ata finais de agosto) e os sábados haberá durante todo o día en praia América actividades acuáticas totalmente gratuitas. Ademáis, como cada ano, o Concello de Nigrán e os diferentes clubes do municipio organizan os campus deportivos semanais.
A programación a completan festas como a de Santiago e Santa Ana en Parada o as da Virxe do Carmen en Praia América; sardiñadas, festas gastronómicas (como a do mexillón o domingo 23 en Camos), teatro…

Deja un comentario