+034 986 09 02 04 Luns 18 de Decembro de 2017

A reunión de participación cidadá dalle luz verde á documentación que terán que aportar as asociacións e colectivos


A Concelleira de Participación Cidadá explica que estes trámites melloran a relación entre colectivos e Concello

A Concelleira de Participación Cidadá, Cristina Fernández, reuniuse con preto de vinte colectivos e asociacións da vila o pasado sábado día 1 na sala de usos múltiples do auditorio municipal Reveriano Soutullo.
À reunión de participación cidadá foron convocados tódolos colectivos e asociacións do concello de Ponteareas (culturais, veciñais, deportivas, comunidades de montes, traídas de augas, sociais…).
O motivo da reunión era seguir co trámite legal fixado polo pleno municipal para sacar adiante o regulamento de participación cidadá. No encontro tratáronse as propostas dos participantes e déuselles forma para adaptalas á legalidade. Agora o texto recollido será entregado á asesoría xuridica municipal que, previa valoración e informe, dará lugar á seguinte convocatoria da asamblea cos colectivos e asociacións para a aprobación do texto final. Tras este trámite irá ao pleno da corporación para aprobar a proposta definitiva.
“Este sábado foi aprobado por unanimidade segundo a proposta da asesoría xurídica e fixéronse adaptación do artigo 22 e 28 que fan referencia a aqueles colectivos que poderían inscribirse no rexistro municipal de entidades e asociacións de Participación Cidadá e o 28 que versa sobre a documentación que teñen que aportar os distintos colectivos no citado rexistro. Estas xestións farán que a relación entre colectivos e Concello sexa máis áxil e fluída”, explica Cristina Fernández.
Na reunión tamén estiveron presentes o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e representantes do PSOE, Chus Garrote, de A Riada, Manolo Troncoso e EU, Lino Costas.

Deja un comentario