+034 986 09 02 04 Venres 20 de Xullo de 2018

Salvaterra premia aos seus mellores estudiantes


Este Concello foi pioneiro en valorar a excelencia académica

O ‘Premios de Educación do Concello de Salvaterra de Miño’ naceron co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os xóvenes. Un proxecto máis froito da interacción e colaboración entre os Centros Educativos do Municipio e o Concello, na busca de incentivar, animar e premiar o esforzo dos estudantes, hábitos que marcarán o seu futuro e que os poñerán en valor como persoas e profesionais.

Toman parte nesta convocatoria o alumnado do Instituto de Educación Secundaria e máis dos tres centros de educación primaria de Salvaterra de Miño, CEIP Infante Felipe, CEIP de Leirado e CEP Carlos Casares, que cumpran os requisitos imprescindibles que sinalan para cada unha das distintas etapas educativas que se establecen nas bases.

Este mércores 5 de xullo entregábanse os premios, e, tal e como establece as bases, repartiron 14 lotes informáticos compostos por unha ‘Tablet Samsung Galaxy’, funda, Powebank e tarxeta de memoria de 32 GB, para os nenos e nenas de primaria, ESO e Ciclo de Caldeirería e Soldadura.

Ademais repartiron tres bolsas de estudos para os mellores expedientes de 2º de Bacharelato, que consistirán nunha viaxe a Reino Unido co obxecto de perfeccionar a lingua inglesa. A bolsa inclúe os seguintes servizos: viaxe de ida e volta, aloxamento en familia en pensión completa, curso de inglés xeral de 3 semanas con profesorado nativo, actividades, programa social, excursións, tarxeta de transporte e seguros.

Temos que recordar que o noso Concello foi un dos primeiros e dos poucos que a día de hoxe premian a excelencia académica pondo en valor o esforzo escolar. A posta en marcha desta iniciativa é “premiar” os mellores estudantes foi froito da colaboración e traballo conxunto entre a administración local e os centros educativos do municipio para fomentar o traballo nas aulas e de paso, evitar o fracaso escolar incentivando o esforzo e premiando o traballo e a constancia, ademais da propia actitude do alumnado. Así o que nun principio se enfocou unicamente aos estudiantes do IES Salvaterra, fai oito anos ampliouse e agora abarca tamén aos centros educativos de Primaria.

Precisamente a Concelleira de Educación, Marta Valcárcel, no acto de entrega destes premios, puxo de relevo el traballo, dedicación e implicación tanto dos equipos directivos como do profesorado dos centros escolares, “que buscan continuamente incentivar aos seus alumnos”, sen esquecerse “do apoio da propia familia, xa que moitas veces son o eixo central do éxito destes estudantes”. Valcárcel, felicitou aos premiados/as deste ano desexandolle “as mellores das sortes na nova etapa que encetan a partires de agora”.
PREMIADOS “XII CONVOCATORIA Premios Educación
Curso 2016/2017”

1.- LOTES INFORMÁTICOS

* Colegios de Primaria:

1.1) CEP CARLOS CASARES ALXÉN

1.- CRISTIAN PÁRAMOS LÓPEZ
2.- NOA FERNÁNDEZ PEREIRA

1.2) CEIP de LEIRADO

1.- AROA GONZÁLEZ FERNÁNDEZ
2.-MARA AMIL ARAÚJO

1.3) CEIP INFANTE FELIPE DE BORBÓN

1.-HUGO FERNÁNDEZ MONTEIRO
2.-SARA FERREIRA PEREIRA
3.-CLARA ÁLVAREZ RODRÍGUEZ
4.-XOÁN ÁLVAREZ ALDIR VILLAVERDE
5.-UXÍA SÁNCHEZ OTERO

* I.E.S de Salvaterra de Miño

1.1) 4º E.S.O

1.- SARA FARO LUBIÁNS
2.-SABELA PÉREZ CASTRO
3.-ALBA BLANCO VEIGA

1.2) CICLO MEDIO DE SOLDADURA E CALDEIRERÍA:

1.- ***LUIS ARES FERNÁNDEZ

1.3) FP BÁSICA DE CARPINTARÍA E MOBLE:

1.- **ADRIÁN RIVEIRO LOURENÇO

2.-BECAS DE ESTUDIOS (Inglaterra -Worthing) (Instituto)

O XAQUÍN ALVES GONZÁLEZ
O JOSÉ IGLESIAS MOURE
O AIDA LANDQVIST SOUTO

Deja un comentario