+034 986 09 02 04 Venres 24 de Novembro de 2017

Campamento de verán 2017 “Unha viaxe polo tempo”


O pasado día 3 de xullo arrancaba o Campamento de Verán para o ano 2017 co tematica “Una Viaxe polo Tempo”

Un ano máis o Concello de Arbo organiza o Campamento de verán 2017, este ano coa TEmatica de “Unha viaxe polo tempo” onde os nenos e nenas participantes poderán desenvolver unha serie de iniciativas diferentes en diversos bloques temáticos, encamiñadas a propiciar o desenvolvemento integral do menor en todas as áreas da súa personalidade: intelectual, social e afectiva. Ao mesmo tempo que se primará nas diferentes sesións o desenvolvemento de diversas capacidades: físicas e deportivas, plásticas, estética, creativa, artística, manual, musical e vocal, teatral e escénica.
A empresa SIF – Servizo Integrais de Formación, será a encargada da programación, tendo un claro enfoque pedagóxico, favorecendo os hábitos de cooperación e convivencia, asi como a educación ambiental, a educación en valores, emocional e en Igualdade.
O Campamento de verán ten lugaros meses de xullo e agosto, e ademais de ser unha actividade divertida e educativa para os máis cativos, para os país e nais traballadoras, supón unha medida de conciliación traballo- familia.

Deja un comentario