+034 986 09 02 04 Luns 18 de Decembro de 2017

Ponteareas reúnese en Madrid coa Subdirección de Cooperación Local


O encontro mantido entre o Alcalde e o Concelleiro de Facenda co Subdirector de Cooperación Local supón un avance no arranque de “Ponteareas, Hábitat Saudable”.

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, o Concelleiro de Facenda, Francisco Alonso, acompañados por Luciano G. Alfaya, responsable de Planificación Estratéxica, reuníronse onte con Guillermo Fraga Díaz, Subdirector de Cooperación Local dependente do Ministerio de Presidencia e das Administración Territoriais en Madrid para avanzar na estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable”.
Nesta reunión, que se prolongou máis de dúas horas, o subdirector adiantoulles a entrega da avaliación do manual de procedementos e solventou diversas dúbidas de xestión. Tamén puideron resolver cuestións como a habilitación de crédito para contratar actuacións.
“Saímos moi satisfeitos desta mañá de traballo na que o subdirector nos atendeu con detemento única e exclusivamente para falar de Ponteareas e todos os trámites de xestión que conlevan os proxectos recollidos nas liñas da estratexia marcadas na EDUSI, dentro dos fondos FEDER. Esta reunión supón un pulo para o arranque de “Ponteareas, Hábitat Saudable”, explica o Alcalde.
Hoxe mércores día 5 Luciano González, Manuel Martínez e o Concelleiro Francisco Alonso participaron en Madrid na primeira convocatoria da Xornada de Altas de Operación convocada para as cidades seleccionadas de estrategias DUSI.
O encontro, que se extendeu ata primeira hora da tarde, serviu para presentar a aplicación Galatea que empregará para a xestión dos fondos FEDER, e que permitirá ademais revisar datos e facer comprobacións previas á aprobación da selección de operacións como dar de alta proxectos de actuacións que serán financiables con esta estratexia para a que Ponteareas conta de aquí a 2023 con cinco millóns de euros de fondos europeos e un millón douscentos cincuenta mil de fondos propios que suman un total de que 6.250.000€.
Na reunión de hoxe participaron diversos cargos do ministerio expertos na xestión de fondos europeos que resolveron cuestións concretas dos distintos concellos que asistiron a xornada.

Deja un comentario