+034 986 09 02 04 Sábado 21 de Abril de 2018

O Concello de Ribadumia informa que o próximo venres 14 de xullo estará a unidade móbil para doazón de sangue


O Concello de Ribadumia informa que o próximo venres día 14 de xullo de 2016, en horario de 10 a 14 horas e de 15:30 a 21 horas estará a disposición de todos os veciños a unidade móbil para doazón de sangue xunto o Concello.
Séguese así co obxectivo de conseguir as doazóns por habitante recomendadas pola Organización Mundial da Saúde, que son entre 40 e 60 doazóns por cada 1000 habitantes. Obxectivo que Ribadumia alcanzou no ano 2016, e que queremos manter e por suposto incrementar neste 2017, posto que estas doazóns son fundamentais para o traballo diario que realizan os profesionais sanitarios cada dia nos hospitais.
E destacar as importancia das doazóns de sangue na época estival debido o elevado número de accidentes que se producen co incremento dos desprazamentos.
Queremos concienciar así a todos os veciños da importancia deste acto.

Deja un comentario