+034 986 09 02 04 Sábado 21 de Abril de 2018

Teatro para as noites de verán en Ribadumia


Teatro infantil “Os limpa limpa”

O Concello de Ribadumia informa que este verán chega festivo, e que mellor que aproveitar as cálidas temperaturas da época estival gozando de entretemento ó aire libre.

Para isto chegan as noites de verán a Ribadumia, que acollerán música, maxia, teatro e cine os venres a noite na Praza do Concello. A hora prevista para todas as actuacións serán as 22 horas.

A semana pasada démoslle a benvida o libro de “Floreano”, e este venres día 7 de xullo, chega o teatro infantil coa obra “Os limpa limpa”. Momentos que se antoxan para desfrutar en familia mentres se comparte diversión o aire libre.

Xa a próxima semana chegará o cine de verán coa obra “Ballerina”, e despois teremos “maxia a nivel do chan” con Martín Camiña e a obra cinematográfica “La Bella y la Bestia”.

Na parte musical que chegará os venres de agosto colaborará coa programación a Agrupación Musico Cultural de Ribadumia. Traerán actuacións orixinais e diferentes como “música e cine” ou “dende o jazz ata o pop”.

En canto os xoves animados, terán lugar durante o mes de agosto, completando así a oferta lúdica para os máis cativos.

Animádevos a gozar do entretemento das noites de verán!!

Deja un comentario