+034 986 09 02 04 Luns 18 de Decembro de 2017

Vías e Obras executa melloras nas beirarrúas do casco urbano e arredores


A Concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote, adianta que estes traballos de mellora seguirán a realizarse durante o verán

A Concellería de Vías e Obras do Concello de Ponteareas está a executar traballos de mellora das beirarrúas do casco urbano e arredores.
Nos últimos meses Vías e Obra desenvolve unha labor de revisión do estado das beirarrúas para arranxar os tramos que están en mal estado e repor os terrazos rotos ou levantados.
Nestes intres, están a cambiar o terrazo nas beirarrúas do entorno do supermercado Dia na N-120 e na entrada de Canedo.
A Concellería de Vías e Obras que dirixe a Tenente de Alcalde, Chus Garrote, explica que estes traballos que se realizan desde hai meses seguirán a facerse ao longo do verán. Nos últimos meses arranxáronse beirarrrúas na Avda Constitución, na Praza Bugallal, na rúa Oriente, na Praza Maior, na rúa dos Ferreiros, Fernández Vega e Reveriano Soutullo, entre outros tramos como os das rúas Calexa, Esperanza, Santa Ana, Vázquez Fraile ou Castelao.
“Ademais de respostar ás demandas dos veciños e das veciñas, Vías e Obras supervisa as beirarrúas para evitar posibles accidentes e garantir a seguridade dos peóns. Tamén fixemos ramplas de accesibilidade, dúas en Amado Garra, dúas en Virxe da Luz, unha en Senen Canido e outra na rúa Ferreiros ” sinala Garrote.
Nestes días tamén se están a colocar redutores de velocidade de goma en parroquias como a de Fozara e está previsto colocar un en Bugarín.
Ademais destas obras, Vías e Obras tamén está a realizar traballos nos distintos centros educativos de Ponteareas.

Deja un comentario