+034 986 09 02 04 Sábado 20 de Xaneiro de 2018

A II Carreira Ribeira do Tea unirá Salvaterra e Ponteareas


O Concelleiro de Deportes, Benito Márquez, anima a participar en familia xa que este ano as categorías infantil e xuvenil terán circuito propio

O Concelleiro de Deportes, Benito Márquez, e Gabriel Durán, organizador da carreira, presentaron no día de onte a segunda edición da Carreira Ribeira do Tea, que unirá a Salvaterra de Miño con Ponteareas, o próximo domingo 30 de xullo a partir das 10:00 h.

Unha das novidades que este ano terá esta proba deportiva, é que os máis cativos terán un circuíto propio, ─tanto a categoría infantil como xuvenil─ de 2 km de percorrido con saída e chegada no Recinto Amurallado (Murallas–Paseo–Final Parque–Paseo–Murallas), ademais da carreira absoluta e de veteranos cun percorrido de 16 km. A Proba está limitada a un máximo de 200 participantes.

A carreira discorre a carón do río Tea o que permite aos participantes gozar dunha incríble paisaxe natural e fresca.

Os organizadores sinalaron a súa intención de que esta carreira “se converta nunha cita obrigada dentro do calendario de eventos deportivos e que se dea a coñecer nos dous concellos que percorremos”.

Mentres que para as categorías infantil e xuvenil haberá un percorrido de 2 km, para as categorías absoluta e veteranos serán 16 km.

Haberá un servizo de autobús dende Ponteareas (no Pavillón Municipal de Deportes Álvaro Pino) con saída ás 9 horas que os levará ata o lugar da saída da proba en Salvaterra de Miño.

A recollida de dorsais terá lugar o sábado 29 de xullo de 16 h a 17:30 h no Pavillón Álvaro Pino de Ponteareas e o domingo 30 de xullo de 9 h a 9:50 h na Fortaleza de Salvaterra de Miño.

O concelleiro de Deportes anima a tódolos veciños e veciñas a participar e incluso a participar en familia xa que este ano os máis pequenos terán o seu propio circuito.

A inscrición pódese facer na páxina web www.championchipnorte.com e para obter máis información deberán dirixirse á páxina web www.caminhantesdocondado.es

Deja un comentario