+034 986 09 02 04 Luns 20 de Agosto de 2018

Aberto ao público o parque infantil do Cristo logo dunha rerorma integral e a colocación dun nivo bambán para persoas con diversidade funcional


Dende este xoves está aberto ao público o parque infantil do Cristo logo dunha reforma total do mesmo que abrangue a arranxo duns bambáns e substitución doutros, a retirada do chan de área e a colocación dun novo xogo adaptado a persoas con diversidade funcional, como adiantara o concelleiro de Parques e Xardíns, Orlando Márquez, hai unhas semanas.
En total, o Concello investiu neste proxecto, desenrolado por HPC Ibérica, un total de 34.000€, incorporando un novo chan de caucho continuo ‘anti-impacto’, o devandito bambán para persoas con diversidade funcional- orzamentado en 4.000€- o peche do perímetro e a colocación de entradas ‘anti-can’.
Orlando Márquez, que este xoves estivo acompañado por Israel Mercader, que como noutros traballos do Concello, asesorou neste proxecto sobre integración e accesibilidade, sinalou que nas vindeiras semana empezará o labor para acondicionar tamén os parques do Centro Social de Atios, de Orbenlle, e A Forna, na parroquia de Budiño, os do centro social de Pontellas, o de Fontevella, na rúa Pío XII, ou o do Matadeiro, á beira do Louro.

Deja un comentario