+034 986 09 02 04 Luns 18 de Decembro de 2017

A Policía Local de Ponteareas intercepta un condutor que quintuplicaba a tasa de alcoholemia


Os feitos aconteceron arredor das dúas e media desta madrugada

A Policía Local de Ponteareas interceptou esta madrugada a un condutor en estado de embriguez que quintuplicou a tasa máxima de alcohol permitida.
Os feitos aconteceron na noite do mércores para o xoves, arredor das 02:30 horas cando unha patrulla da Policía Local observaba signos de condución irregular nun vehículo que circulaba pola avenida Castelao de Ponteareas a velocidade anormalmente reducida.
A Policía Local procedeu a darlle o alto e, ao comprobar que aparentemente estaba baixo influenza de bebidas alcohólicas, realizoulle a proba de aire espirado quintuplicando a tasa máxima permitida polo que se instruiron dilixencias ao xulgado de garda por un presunto delito contra a seguridade vial. O presunto infractor terá que compadecer o vindeiro martes ao xuízo rápido que se celebrará nos xulgados de Ponteareas.
A Policía Local de Ponteareas, dependente da Concellería de Seguridade Cidadá que dirixe Vanesa Fernández, insiste na importancia da vixianza como medida de prevención para evitar conflitos graves.

Deja un comentario