+034 986 09 02 04 Luns 18 de Decembro de 2017

O concello recauda 122.690€ polas multas de tráfico en 2016


O afán recaudatorio do Goberno tripartito enche as arcas municipais a costa de sancionar ós vecinos
“O goberno de Ponteareas, segundo o informe de liquidación do ano 2016, recauda e sanciona un 75% mais do previsto nos orzamentos”, criticou o portavoz popular.

Co peche das contas do ano 2016 aflorou para coñecemento de todos os grupos da oposición que dos 70.000€ previstos polo Goberno tripartito de sancións de tráfico, ó final resultou que a recaudación foi moi superior.

A Concelleira socialista, Vanesa Fernández, titular da área de tráfico demostra un gran afán recaudatorio á hora de impor sancions ós ciudadans, manifesta o grupo popular, destacando os 122.690€ recadados no ano 2016 importe bastante por enriba do que estaba previsto inicialmente.

Estos datos son totalmente contrarios ós obxetivos que o Goberno tripartito acordaba ó principio da súa lexislatura, documento onde na “área de tráfico e seguridade cidadá” dicían que ían “mellorar a relación dos veciños/as cos axentes encargados do tráfico”, cuestión que tras coñecer estos datos queda demostrado que non se cumpre ó superar nun 75% o que se pretendía recadar, e o único que prevalece neste caso é o interés de encher as arcas municipais a costa de sancionar ós veciños.

Os populares denuncian tamén que esta recaudación non sexa investida en melloras nos salarios dos axentes de Policía e en aumentar a plantilla dos mesmos que é moi excasa para prestar un servizo de 24 horas, ainda a pesares da contratación puntual de auxiliares de policía durante os meses de verán, que non resolve a problemática da policía en Ponteareas, porque estes traballadores só poden contratarse por uns poucos meses e non son policías de academia co cal non desempeñan moitas das funcións propias dun axente.

Do mesmo xeito que fai uns meses a concelleira de tráfico xustificou e defendeu a contratación dun Inspector de Policía cun soldo de 48.000€ ó ano, tamén debería defender a mellora salarial dos axentes que na actualidade forman a plantilla.

Deja un comentario