+034 986 09 02 04 Venres 24 de Novembro de 2017

H.B.Fuller (antiguo FORBO) cede o contrato de arrendamento a unha empresa de peixe conxelado que creará 40 novos postos de traballo


H.B. Fuller ten arrendada unha parcela de titularidade municipal dende o ano 1998, que agora cede a unha empresa de conxelados que xenerará 40 novos postos de traballo.

Pescaderías Viguesas de Congelado ocupará deste xeito a posición xurídica de arrendatario e os dereitos e obrigas que se derivan de dita condición. Esta empresa está avalada por un informe de solvencia bancario e un potente proxecto ou plan de negocio.

O inmoble obxecto desta cesión, do que é titular o Concello de Mos, atópase situado nos límites entre as parroquias de Tameiga e Dornelas. O Concello de Mos actuou de mediador entre ambas entidades si ben cita cesión deberá contar co visto bo do Pleno

O motivo da devandita cesión é que H.B. Fuller, debido á situación de crise que se prolongou durante os últimos anos viu afectada radicalmente a súa actividade e viuse abocada ao peche definitivo das súas instalacións. Non obstante, H.B. Fuller chegou a un acordo con Pescaderías Viguesas e promoveu a cesión do arrendamento para posibilitar o desenvolvemento no inmoble arrendado da actividade de procesado, almacenamento e comercialización de productos derivados da pesca.

O proxecto do centro de procesado, almacenamento e comercialización de productos de pesca desenvolverase en sucesivas fases a acometer nas antigas instalacións de H.B. Fuller, en Tameiga-Dornelas. Este desenvolvemento articularase en tres fases, adaptando en primeiro lugar o espazo máis idóneo para poder empezar canto antes a produción de transformados do calamar, a merluza e o langostino; o que suporá a creación de ata corenta postos de traballo fixos discontinuos, cunha media de ocupación que no segundo ano podería chegar aos vinte postos de traballo nas liñas de produción, ademais do persoal fixo de administración e servizos.

Nunha segunda fase poderíase construír un almacén frigorífico, para facilitar a loxística da producción obtida, e aproveitar a oportunidade da proximidade do aeroporto de Peinador e a súa capacidade de recibir pescado por vía aérea, así como a excelente ubicación dos terreos respecto ás vías de comunicación terrestres.

Na última fase ampliarase a capacidade de producción da planta de procesado de pescado, sempre dependendo da capacidade de obtención de materias primas e as vicisitudes do mercado.

A rexidora mosense felicítase por esta gran noticia, “ levamos tempo buscando unha empresa alternativa á antigua FULLER que se axustara ás necesidades do Concello, é dicir, que cumplira a normativa urbanística e medioambiental e o que tamén é tremendamente importante que xerara postos de traballo “ conclue Arévalo

Deja un comentario