+034 986 09 02 04 Venres 24 de Novembro de 2017

Programación do Fin de Semana en Nigrán


SÁBADO 8 DE XULLO
Actuación de ‘A illa dos nenos’ en Panxón
‘Cultura no Camiño’ chega ao Concello de Nigrán este sábado co ‘Pasarrúas máxico” ás 18.00 horas no paseo marítimo de Panxón a cargo de a compañía ‘A illa dos nenos’, unha proposta de teatro e animación pensada nos máis cativos. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), está a desenvolver ‘Cultura no Camiño’ en colaboración con 93 municipios das diferentes rutas xacobeas e co patrocinio da empresa Gadis. En Nigrán haberá 4 actuacións en total, seguindo o 25 de xullo co Mago Javier Muro, que ofrecerá o seu espectáculo “Sintonía Máxica” en Santiago de Parada ás 19:00 horas. Na Alameda de San Campio da Ramallosa actuará a Compañía Asacocirco o 12 de agosto ás 17:30 horas. Finalmente, o 27 de agosto ás 17:00 horas na Praza do Concello, Troula Animación presentará a obra de teatro infantil “Hakuna Matata”.

Baiona Bay en concerto na Alameda de San Campio
O Concello de Nigrán ofrece o concerto do conxunto de voz e corda ‘Baiona Bay’ este sábado dende as 22.00 horas na Alameda de San Campio (A Ramallosa). Baiona Bay está formada por: bandurrias (Luis,Guillermo y Paula); laud (Simba); guitarras (Celso, Guillermo, Moncho, Ana, Mary, Ana, Antonio, Viñas y Plácido); voces (Carmen, Ana, Kiko, Manolo, Chinto, y Blach).

Circuito teatral en Priegue
O CRC O Torreiro de Priegue, coa colaboración do Concello de Nigrán, continúa co seu circuíto teatral. Así, o sábado será o turno do grupo vigués Porta Aberta ás 20.30 horas e o domingo, para pechar este ciclo, estará o grupo coruñés Axouxure Teatro ás 20.30 horas
DOMINGO 9 DE XULLO
TRAVESÍA A NADO COSTA SERENA (ADXUNTO NOTA DE PRENSA)
Sardiñada en Montecastelo
Como cada ano a Comunidade de Montes de Parada e a Comisión de Festas de Santiago e Santa Ana, en colaboración co Concello, ofrecen o domingo a súa tradicional sardiñáda en Montecastelo a partir das 12:00.

Deja un comentario