+034 986 09 02 04 Luns 18 de Decembro de 2017

Ponteareas presenta á veciñanza o modelo de vila que será no futuro


O Ministerio de Facenda ven de aprobar o manual para a selección de proxectos e actuación da Estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable”

O Concello de Ponteareas convida a tódolos veciños á presentación da súa estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable” que terá lugar o vindeiro sábado 15 de xullo ás 12 horas no auditorio municipal Reveriano Soutullo.
No acto de presentación intervirán o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas; o Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Lores e o responsable da estratexia, Luciano G. Alfaya.
“Ponteareas conta co segunda media de idade máis baixa das cidades galegas e cunha porcentaxe moi alta de poboación infantil. É tamén unha cidade cun núcleo urbano extremadamente denso a pesar da súa pequena dimensión. É, ademais, posuidora dun patrimonio inmaterial e natural de excepcional importancia”, conclúe Alfaya
Estes dous parágrafos foron o detonante para que o governo de Ponteareas lograra unha axuda de cinco millóns de euros do programa FEDER da Unión Europea.
“Ponteareas Hábitat Saudable” recolle os desexos dos colectivos e asociacións de Ponteareas cando participaron na elaboración da estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI).
Este plan estratéxico define distintos escenarios, marca unha senda prioritaria que admite modificacións durante o seu desenvolvemento, o que aumenta a súa utilidade, conta coa participación da cidadanía recollendo as súas inquedanzas, necesidades e o modelo de vila que precisan.
Grazas a este esforzo e á capacidade de captar as carencias, as fortalezas e as urxencias de Ponteareas que foi un dos 83 concellos seleccionados na primeira convocatoria do Ministerio de Facenda, entre os máis de 250 presentados para recibir as axudas para as estratexias de desenvolvemento urbano nos vindeiros anos.
“Ponteareas, Hábitat Saúdable” marca un novo horizonte a medio/longo prazo no que as persoas e a medio natural estean sempre en primeiro lugar, garantindo que as decisións do presente non vaian hipotecar o futuro da veciñanza de Ponteareas.
“Como Alcalde convido a tódolos veciños a que nos acompañen o vindeiro sábado día 15, á primeira ocasión na que publicamente detallaremos o contido completo da estratexia e os primeiros proxectos que, de inmediato, se van por en marcha. O Ministerio de Facenda ven de aprobarnos o Manual de Selección de Operacións, para a posta en marcha da estratexia “Ponteareas Hábitat Saudable” en base a que se seleccionan os proxectos e actuacións a realizar”, conclúe Represas.

Deja un comentario