+034 986 09 02 04 Luns 25 de Xuño de 2018

Porriño volve anticipar a despedida do ano cunha xornada repleta de actividades


O “Fin de ano Farrapeiro” arrancará ás dez da mañá e prolongarase ata a madrugada con múltiples actividades, coas xa tradicionais badaladas como eixe central do programa

Como vén sendo habitual os últimos anos, as badaladas que despiden o ano soarán un día antes en Porriño. A concellaría de Festexos, que dirixe M. Alejandro Lorenzo, pon en marcha nesta ocasión toda unha xornada de actividades que ten como mestres de cerimonia aos alumnos de animación sociocultural do Obradoiro de emprego “Porremprego II”, e na que colabora tamén a Asociación de Hostaleiros de Porriño (AHOSPOR). O quinto simulacro deNochevieja, contará cun pregoeiro de excepción, Joaquín Diz, por todos coñecido como “Cuquín” será o encargado de ler o pregónFarrapeiro interpretando, nada máis e nada menos, que a Raffaella Carrá. Esta mesma mañá, chegaba á praza Arquitecto Antonio Palacios nun lustroso descapotable, para presentar a programación de mañá. Alí recibírono o alcalde de Porriño, Nelson Santos, e o edil de festexos, así como representantes de todos os colectivos que participarán mañá nesta xa renovada tradición.

O “Fin de Ano Farrapeiro” arrancará ás dez da mañá, cos nenos como protagonistas. Os máis pequenos poderán participar nos obradoiros infantís que se levarán a cabo na praza do Concello a partir das 10:00 horas onde haberá disfraces, manualidades, maquillaxe e globoflexia. Ás 12:00 horas, Cuquín, acompañado pola Banda de Cornetas Ría de Vigo, procederá á lectura do pregón, e dará paso ao Flashmob que os nenos dos colexios de Porriñoprepararon para esta ocasión. Cabe destacar, que ás 10:15 haberá un último ensaio no Círculo Recreativo e Cultural para que todo saia á perfección. Ás 12:30 horas terá lugar a Inauguración oficial das Rúas Farrapeiras, con Cuquín e a Banda de Cornetas Ría de Vigo.
Xa pola tarde, ás 17:00 horas, a praza Arquitecto Antonio Palaciosacollerá un encontro de Playbacks, no que participarán a Asociación Cultural Alba de Torneiros, a Asociación Cultural “A Forna” deBudiño, a Asociación Cultural de Pontellas e a Asociación Cultural “Os Penediños” de Atios; ao que seguirá unha Sesión Karaoke ás 19:00 horas.

O “Batifondo Porriñesa” tamén ten o seu oco na despedida “farrapeira” do ano. Os sete integrantes da Remember Band, todos eles integrantes de grupos musicais da nosa localidade, farán un percorrido polo pop-rock dos 70-80 acompañados por músicos de grupos como a Nécora Prodixiosa, Sobaco Negro ou Supermembros.

Xa ás 23:00 horas, as Tunas de Pontellas e Sta. Eulalia de Atiosamenizarán cos seus acordes as rúas de Porriño, como preámbulo á Despedida do ano con uvas e badaladas que, como cada ano, terá lugar na praza do Concello, onde se repartirán máis de 24.000 uvas, cotillón para todos e moitas sorpresas.

A música non faltará nesta noite, tras as badaladas chegará a verbena a cargo da Orquestra Olympus e máis tarde, como fin de festa, unha gran sesión de DJs. O afamado dj Juanjo Martin, considerado como o mellor produtor de música electrónica de España e con maior proxección internacional, será o cabeza de cartel desta sesión. Acompáñanlle “Traffic House” e os djs locais “Groove Amigos”, nun evento que dará comezo ás 3:00 horas na rúa Domingo Bo e onde tamén haberá sitio para a solidariedade. Así pois, todos aqueles que queiran colaborar co programa municipal de alimentos SOS Porriño, poderán deixar un quilo de alimentos non perecedoiros no punto de recollida que se habilitará durante o concerto.
A hostalaría porriñesa, uniuse nesta ocasión á celebración, e 20 establecementos elaborarán “Pinchos Farrapeiros” para a ocasión a partir da 1:00 da mañá, onde non faltará o tradicional prato de calos.

O concelleiro de Festexos, M. Alejandro Lorenzo, quixo volver agradecer “a colaboración dos alumnos e o persoal do obradoiro de emprego, que co seu traballo e esforzo farán que este Fin de anoFarrapeiro sexa todo un éxito,”. Pola súa banda, o alcalde de Porriño, Nelson Santos, quixo invitar a todo o mundo a participar nesta iniciativa “que naceu hai cinco anos co obxectivo de poder celebrar este momento único do ano rodeado de amigos, compañeiros e veciños, todos nun único punto e non cada un nas súas casas e que xa se converteu en algo único non só en Galicia, senón no resto do país”.

Deja un comentario