+034 986 09 02 04 Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Meis recibe material de Medio Rural para a loita contra a vespa velutina


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, fixo entrega de dous equipos ao alcalde do municipio compostos de traxes especiais, cascos, visores, maguitos e luvas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, fixo entrega esta mañá, na sede da Delegación Territorial de Pontevedra, de material de loita contra a vespa velutina ao concello de Meis.

O delegado territorial estivo acompañado no acto polo alcalde da localidade, José Luis Pérez, polo secretario terrritorial da Delegación de Pontevedra, Ramón Pereiro e polo xefe do Servizo de Emerxencias de Pontevedra, Evaristo Juncal.

Deste xeito, o concello de Meis firmou hoxe un acordó coa Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) para a entrega de taxes de protección individual para a loita e control da vespa asiática. Cores Tourís entregou así dous equipos compostos de traxes de algodón transpirable, crapucha fabricada en texido resistente e transpirable con ventilacións, casco ventilado, visores para carapucha, maguito textil con sistema de peche mediante cordón elástico e luva fabricada en componentes moi resistentes, conectables ao traxe e ao manguito textil mediante cremalleira.

Durante o ano 2016 xestionáronse a través do operativo establecido un total de 20.901 avisos, retirándose ou inactivándose 10.272 niños (6.308 en A Coruña, 1.263 en Lugo, 59 en Ourense, e 2.642 en Pontevedra).

 

Os concellos que colaboran no Plan de vixilancia e control da Vespavelutina actualmente na provincia de Pontevedra son 25, tendo en conta a firma do convenio desta mañá co concello de Meis (cun total de 507 niños eliminados). Ademais, os Grupos de Emerxencias Supramunicipais encárganse da retirada de niños en 18 concellos, Medio Ambiente se encarga da retirada noutros 4 concellos e Medio Rural noutros 16.

Nesta provincia, a Axencia Galega de Emerxencias distribuíu equipos de protección Individual á totalidade dos Concellos colaboradores de Pontevedra (25), a razón de 2 traxes por Concello (50 en total), así como aos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (5 en total) e aos Parques de Bombeiros Comarcais.

Por outra banda, a Consellería do Medio Rural distribuíu 16 equipos de protección individual, en todos os casos dirixidos aos Grupos de Emerxencias Supramunicipais de A Estrada (2), A Guarda (2, Lalín (2), Sanxenxo (3), Valga (2) Val Miñor (2) e Ponteareas (3).

Na provincia de Pontevedra, 31 concellos contan con pértegas, concretamente en 2016 foron concedidas pola Xunta de Galicia un total de 18 pértegas, 11 para os Concellos colaboradores, e 7 para os Grupos de Emerxencias Supramunicipais. Na comarca do Salnés os concellos que xa contan con pértega son Sanxenxo, O Grove, Cambados, Ribadumia, e Vilgarcía de Arousa que poden ser utilizadas tamén por municipios limítrofes.

Deja un comentario