+034 986 09 02 04 Domingo 05 de Xullo de 2020

O Asador del Chavo vence na terceira edición do concurso de tapas de Ponte Caldelas


O certame gastronómico creceu espectacularmente ata chegar a superar as 10.000 tapas vendidas

A “brocheta” de solombo ao aroma de vermú con puré de pataca violeta que serviu o Asador del Chavo conquistou ao xurado da terceira edición do concurso gastronómico Caldelas Tapas, que este ano celebrou a súa terceira edición. O sobre lacrado co fallo foi aberto hoxe polo alcalde, Andrés Díaz, en presencia de varios hostaleiros participantes. Tal e como se tiña anticipado, o xurado decidiu tamén outorgar unha mención especial, que resultou ser para o establecemento Alalá, pola tapa “Niños de mar”.

O xurado, formado polos cociñeiros Pepe Solla (unha estrela Michelín) e Rubén González e Sergio Orge (El Cafetín, de Pontevedra) degustou as 16 tapas presentadas ao concurso o pasado mes de xullo. O seu veredicto quedou gardado ata o día de hoxe.

O Caldelas Tapas celebrouse durante todas as noites de venres do mes de xullo e resultou un éxito de participación, pois as estimacións máis conservadoras  falan de máis de 10.000 tapas vendidas, superando moi amplamente as  6.000 da última edición. Dáse a circunstancia de que os gustos do público parecen ter coincidido cos do xurado pois o local gañador serviu preto de 1.200 tapas ao longo dos 4 venres do certame.

Deja un comentario