+034 986 09 02 04 Venres 20 de Xullo de 2018

A Xunta impulsa con 184.000 euros melloras nas infraestruturas de 3 parques empresariais da comarca de Pontevedra


A Consellería de Economía, Emprego e Industria apoia así aos concellos no desenvolvemento de medidas que permiten atraer investimentos

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou hoxe que a Consellería de Economía, Emprego e Industria aprobou apoios por preto de 184.000 millóns de euros para 3 parques empresariais da comarca de Pontevedra co obxectivo de mellorar o servizo que se presta ás compañías xa instaladas, contribuíndo ademais ao impulso da súa competitividade e á atracción de novos investimentos con capacidade para xerar riqueza e emprego cara aos municipios.

Con esta convocatoria, que prevé axudas do 80% do custo subvencionable e que se incrementan ata un 95% no caso de agrupacións ou fusións de concellos, “desenvolveranse actuacións orientadas á mellora das infraestruturas viarias, así como á dotación de servizos centralizados de xeración e subministración de enerxía de cara ao aforro e a eficiencia no gasto enerxético dos polígonos de A Lama, Pontevedra e Barro”, explicou Cores Tourís.

Deste xeito, o concello de Pontevedra recibirá unha subvención de 48.000 euros co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética do parque empresarial de O Campiño, mentres que a Barro destinaranse 16.000 euros co mesmo fin para o polígono de Sequeiros. Finalmente, a Lama recibirá 120.000 euros para a mellora de infraestruturas viarias no parque empresarial de Racelo.

En total, as axudas permitirán a executar de 20 proxectos en un total de 15 concellos de la provincia de Pontevedra, cunha aportación autonómica de 667.000 euros, nos que ademais de obras de eficiencia enerxética e melloras de viais, tamén se executarán iniciativas de depuración de augas, xestión de residuos e instalacións de sistemas de seguridade e vixilancia..

 

As axudas que veñen de concederse enmárcanse no Plan de captación de investimentos, dentro do cal se está a tramitar a futura Lei de implantación empresarial. Esta norma busca facilitar o desenvolvemento empresarial de Galicia e a creación de emprego de calidade, impulsando a simplificación administrativa, o acceso ao solo industrial, e a redución da fiscalidade empresarial, ao tempo que se busca dar resposta ás necesidades de diferentes sectores produtivos.

Deja un comentario