+034 986 09 02 04 Xoves 18 de Xaneiro de 2018

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recibe ao escultor Marcos Mariño antes da súa participación no campionato internacional de talla con motoserra


Será o primeiro español en participar nun campionato desta especialidade

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, felicitou este fin de semana “en nome de todos os veciños”, ao escultor Marcos Mariño pola súa próxima participación no Campionato internacional de talla con motosierra, que se celebrará na localidade rusa de Tomsk a partir de mañá. O escultor, veciño de Arcade, consegue ser o primeiro español convidado a este tipo de eventos e no que medirá as súas habilidades con tallistas de clase mundial chegados desde Brasil, Chile, Uruguai ou China.

O rexedor quixo desexar a mellor das sortes ao novo escultor local e expresoulle “o orgullo que sente todo Soutomaior por ter un referente nacional nunha disciplina tan complicada e na que o talento é fundamental”. Pola súa banda, Marcos Mariño agradeceu o apoio mostrado desde o Concello de Soutomaior e expresou o seu desexo de “facelo o mellor posible, aínda que alguén ten que quedar último, e o que vai por primeira vez ten máis posibilidades”.

Para finalizar o encontro, o alcalde fixo entrega dun polo do Concello de Soutomaior que o artista utilizará nalgunha das xornadas do concurso, lucindo así o nome e o escudo de Soutomaior nun dos maiores eventos mundiais desta disciplina.

Deja un comentario