+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Decembro de 2019

A veciñanza de Ponte Caldelas goza da cidade de A Coruña coa penúltima excursión do “Caldelas Viaxa”


O Goberno local prepara xa o peche da temporada coa saída a Vilaverde (Portugal) para asistir á Feira das Colleitas

Un grupo de 150 veciños de Ponte Caldelas gozaron da cidade de A Coruña dentro dunha nova saída do programa municipal “Caldelas Viaxa”, con paradas especiais no castelo de San Antón,  torre de  Hércules, igrexa de Santiago, praia de Riazor, praza de María Pita e mirador  do monte San Pedro.

A saída contou coa anécdota da celebración do 40º aniversario da parella formada por Bernardino e María Xosé,  así como o aniversario e Pepe, un dos  veciños máis coñecidos  de Ponte Caldelas por ter rexentado a churrasquería e a discoteca durante moitos anos. Á fronte da expedición atopábase, como é costume, o alcalde, Andrés Díaz.

O Goberno local caldelán, formado por PSdeG-PSOE, AVP e BNG, programou este ano seis saídas de dinamización social, que comezaron por unha de dous días a Portugal e pasaron tamén xa polo Barbanza, a Costa da Morte e a praia das Catedrais.

A saída foi a quinta do programa municipal, que afronta xa a recta final pois só queda a sexta, que será o próximo 8 de outubro á localidade portuguesa  de Vilaverde, coincidindo coa Feira das Colleitas, que é o  vento máis importante  do ano nesta municipalidade.

A localidade lusa de Vilaverde, que alberga a freguesía de Barbudo, está en trámites de irmandade con Ponte Caldelas, posto que tamén conta cunha parroquia denominada Barbudo. De feito, existen xa vínculos de amizade entre a veciñanza  de ambas as dúas localidades mantidos ao longo dos últimos anos aos que agora se pretende dar rango oficial.

 

Deja un comentario