+034 986 09 02 04 Venres 17 de Novembro de 2017

BAIONA XA É O MELLOR CONCELLO DE GALICIA EN PAGO DE FACTURAS E SERVIZOS


O Ministerio de Hacienda apunta que o consistorio baionés é o máis rápido en abonos a provedores

O Concello de Baiona é o mellor de Galicia á hora de pagar facturas e servizos a provedores. Así o certifica o Ministerio de Hacienda no seu último informe publicado este luns en base aos datos do segundo trimestre do ano 2017.

Baiona paga aos seus provedores 29 días antes do inicio do prazo, é dicir, un día despois de ser aprobadas as facturas. O Ministerio de Hacienda y Función Pública situou ao consistorio baionés como o mellor de Galicia no documento que analiza o Período Medio de Pago a Provedores das Comunidades Autónomas e as Entidades Locais de xuño de 2017.

Segundo os datos do Goberno, no segundo trimestre do ano, Baiona acadou un ratio de operacións pagadas de -30 días tras realizar abonos totais entre abril e xuño por valor de 1,26 millóns de euros, alcanzando un período medio de pago de 29,90 días.

As cifras sitúan ao Concello como o máis rápido de Galicia en responder ás obrigas de pago a provedores por facturas e servizos. No resto da provincia de Pontevedra, as únicas administracións locais que se aproximan son as de Campo Lameiro (21 días) e Moraña (20 días). Na comunidade, por detrás de Baiona sitúanse A Peroxa (28 días), Vilamarín (26), Rábade e Xove (24), Mesía, Verea, Castrelo do Val e Coles (23), Touro (21) e Coirós, Parada de Sil e Aranga (20).

Ademais, a Mancomunidade do Val Miñor tamén rexistra o mellor ratio de Galicia en pago a provedores, con 30 días de media, por riba de Vigo (16 días), Baixo Miño (10), Ulla e Umia (9), Arosa Norte (7)  e Carballiño (2).

 

Deja un comentario