+034 986 09 02 04 Venres 17 de Novembro de 2017

O CONCELLO DE BUEU RECIBIU O ESTUDO DE VIABILIDADE DA PISCINA MUNICIPAL


O informe constata o interese de máis dun 85% da poboación na construción desta infraestrutura, que combinará piscina con salas para a actividade físico – deportiva

Dende a Alcaldía do Concello de Bueu anúnciase a chegada do estudo de viabilidade que se licitou para ver as opcións de financiamento e oportunidade para a construción dunha piscina municipal cuberta na vila. Neste sentido, Félix Juncal móstrase satisfeito, pois o documento vén a confirmar o elevado interese social da poboación, manifestado nunha aceptación de arredor do 85% dun total de 200 entrevistas que se realizaron entre a cidadanía de Bueu.Así, o estudo levarase ao próximo plenario, previo debate na respectiva Comisión Informativa, tal e como xa adiantou onte o rexedor durante a sesión plenaria da corporación deste mes.  O documento foi realizado pola empresa Lagares Oca, quen se baseou no proxecto básico e de execución da piscina municipal da autoría do arquitecto municipal, Fernando Baeza, e na documentación complementaria, e nel explicitanse as necesidades da poboación nos ámbitos sectoriais: deportivo, terapéutico, actividades para persoas da terceira idade e/ou nenos/as en idade escolar, e outras que fomenten a saúde e o benestar social. Nel tamén se detallan as previsións sobre a demanda de uso e a incidencia económica e social, a valoración dos datos e informes existentes que fan referencia ao planeamento sectorial, territorial ou urbanístico, os riscos operativos e tecnolóxicos na construción e explotación da obra, o custe do investimento a realizar, e o sistema de financiamento proposto para levar a bo termo esta obra.  O estudo revela que, con salas para actividades deportivas no Concello de Bueu, existe unha necesidade de que dita infraestrutura se sitúe nun lugar de proximidade aos potenciais usuarios, e cun deseño que aporte solucións a esas demandas. Por este motivo, é idónea a ubicación das Lagoas, que se localiza na zona de maior densidade de poboación do municipio, reducindo así a utilización de transporte por parte da maioría dos usuarios e usuarias.

Deja un comentario